Polémica veciñal pola práctica de kitesurf na praia barreirense de Altar

Augassantas di que non influíu na retirada da bandeira. Os veciños afirman que sí existe un risco para os bañistas
Playa de Altar
photo_camera Playa de Altar

A práctica de Kitesurf na praia barreirense de Altar está a xerar unha serie de problemas entre diferentes colectivos. Os veciños consideran a práctica de "risco para os bañistas", mentres que o club organizador asegura que o seu labor non supón ningún problema porque a desenvolven nun lugar especialmente acoutado para iso.

O presidente do club Augassantas, Óscar García, explicou que o club traballa co concello para habilitar unha zona da praia para este deporte. García afirmou que isto ademais non implica que se quitase a bandeira azul deste areal xa que a Adeac, que concede ditos distintivos de calidade aos areais, permite a práctica sempre que se realice en zonas específicas e sinalizadas.

PROTESTAS. Os veciños pola súa banda sinalan que esta modalidade deportiva "ocupa e molesta moito aos bañistas e incluso pode ser perigoso porque acadan grandes velocidades e as veces non os controlan".

Os veciños sinalaron que Adeac "obrigou o ano pasado ao Concello a emitir un bando no que se prohibía a práctica do deporte", pero como logo da comunicación non fixo nada máis "retiraron a bandeira".

Comentarios