Polémica por un 'paso' de Ángel Cristo nunha procesión de Cangas

O párroco cangués critica a aparición dun cartel satírico e os seus creadores descúlpanse... a medias

Cangas vive estes días inmerso nunha curiosa polémica pola aparición dun cartel satírico sobre a procesión de Cristo.

Os creadores servíronse dunha imaxe da cita relixiosa canguesa, pero substituíndo o tradicional Cristo por unha imaxe de Ángel Cristo e a lema Festas do Cristo 2017. The original Cristo. Ademais, os rostros dos costaleiros foron cambiados por preto dunha decena de caras de leóns.

O cura de Cangas, Severo Lobato, foi avisado da imaxe e rapidamente reaccionou pedindo unidade e comparando o feito co acontecido fai escasas datas en Bilbao, onde circulou un cartel dunha carnicería no que se podía ver unha imaxe de Xesucristo diseccionado en varias partes coma se fosen pezas de carne para o seu consumo –a imaxe tivo que ser retirada por orde dun xuíz–.

DESCULPAS. Lobato considera moi ofensiva a broma e afirma sentirse moi doído polo suceso, aínda que evitou xerar máis polémicas polo tema.

Con todo os creadores do cartel, A Fonte do Galo. Rock and Roll Bar, non quixeron perder a oportunidade de seguir facendo chanza do suceso. 

Nun texto publicado no seu Facebook, onde publicaron a polémica imaxe, os creadores desculpáronse ao seu xeito. "Non foi a nosa intención ofender a ninguén co cartel da chapa do Cristo, e mostrámonos totalmente dispostos a retiralo, sempre que a igrexa retire os simbolos fascistas da súa fachada. Un saúdo", rezaba a mensaxe, que rapidamente correu como a pólvora entre os usuarios da coñecida rede social.

Comentarios