Podemos Galicia crea unha "comisión de consensos" na que se integradan as dúas vertentes existentes

Estará formada por seis persoas e abordará a interpretación dos documentos saídos de Vistalegre II
Pablo Fernández y Carmen Santos presidieron la reunión del Consello Cidadán Autonómico de Podemos, este sábado
photo_camera Pablo Fernández y Carmen Santos presidieron la reunión del Consello Cidadán Autonómico de Podemos, este sábado

O Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia acordou a creación dunha "comisión de consensos" que abordará a interpretación dos documentos saídos de Vistalegre II e que estará formada por seis persoas que representarán ás dúas vertentes existentes no órgano de dirección da formación morada galega.  

Así o anunciou a súa secretaria xeral, Carmen Santos, ao termo dunha reunión do CCA celebrada este sábado en Santiago que se prolongou durante máis de tres horas.  Alí, acompañada polo secretario de Organización, Juan Merlo; o deputado de En Marea e portavoz do grupo de críticos coa actual dirección do partido Pancho Casal e o membro da executiva nacional Pablo Fernández Alarcón; Santos destacou a "moi boa sintonía" da reunión, onde levou a cabo un "debate moi construtivo".  

O encontro produciuse xusto unha semana despois de que 18 dos 35 membros do órgano de dirección do partido reunísense sen a secretaria xeral e aprobasen cambios na executiva de Podemos Galicia. Unha reunión que volveu a ser desacreditada por Carmen Santos, quen recalcou que o CCA do pasado carecía de "carácter legal". Na mesma liña expresouse horas antes o secretario de organización, Juan Merlo, quen, en declaracións aos medios mentres se celebraba o Consello Cidadán deste sábado, incidiu que "unha reunión que non está presidida pola secretaria xeral non ten validez vinculante para nada".

Santos aclarou que aínda non están definidos os nomes que comporán esta comisión

COMISIÓN DE CONSENSOS. Así as cousas, Carmen Santos anunciou a creación desta "comisión de consensos", que foi aprobada por "unanimidade" e que ten como obxectivo "a interpretación dos documentos nas partes que son interpretables", xa que, segundo a secretaria xeral, "outras están claras".  

Esta comisión estará integrada por seis persoas, tres de cada corrente presente no Consello Cidadán Autonómico (por unha banda a oficial cos afíns a Santos e, por outra, os coñecidos como "críticos").  Con todo, Santos aclarou que aínda non están definidos os nomes que comporán esta comisión, que se darán a coñecer este domingo debido a que algúns membros do CCA non puideron asistir ao encontro deste sábado de forma presencial, aínda que si participaron por videoconferencia.  

CAMBIOS NA EXECUTIVA. Ademais, volveu a abrir a porta a que se produza unha renovación na executiva de Podemos Galicia, unha cuestión que "se dirimirá" na citada comisión de consensos.

Doutra banda, á reunión do Consello Cidadán Autonómico acudiu o responsable de alianzas de Podemos a nivel estatal, Pablo Fernández, quen destacou a "madurez política" do Consello Cidadán galego, no que "existe o consenso claro de que un non pode pasarse as reunións discutindo sobre uns artigos ou outros".

Comentarios