'Pleased to meet you, Vista Alegre'

Nueva carpeta23.jpg
photo_camera Nueva carpeta23.jpg

A Unión e o esforzo conxunto son dous das principais bases da educación, unhas premisas que cumpre de xeito exemplar o Ceip Vista Alegre de Burela, un centro que forma parte do programa europeo de educación Comenius, dentro do proxecto 'Pleased to meet you'.

O xefe de estudos Álvaro Prieto, a mestra de infantil Belén Prieto e a profesora de primaria Patricia Fernández, foron os tres representantes mariñáns que acudiron este mes ao colexio Circolo Didattico Francesco Paolo Neglia de Enna, en Sicilia. Alí estes profesionais do ensino tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias con compañeiros italianos e doutros sete países máis: Irlanda, Bélxica, Finlandia, Malta, Hungría, Romanía e Turquía. Non é a primeira vez que o Ceip Vista Alegre acode a unha destas reunións, xa que é un dos centros máis activos neste tipo de actividades.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios