A Plataforma As Pontes co Ensino Público continúa coa vixilancia para evitar o derrubamento do muro

Os pais tratan de evitar a obra coa que se unificará o CPI Monte Caxado e o Ceip A Magdalena
Participantes en los turnos de vigilancia
photo_camera Participantes en los turnos de vigilancia

A vixilancia para evitar a derriba do muro entre o CPI Monte Caxado e o Ceip A Magdalena continúa este venres. Membros da Plataforma As Pontes co Ensino Público volveron concentrarse este pola mañá fronte ao colexio pontés. E estarán, unha vez máis, ata as 20.00 horas. 

A pesar de que cren que a obra non comezará ata o luns, decidiron continuar coas concentracións por se a empresa concesionaria decide enviar as máquinas antes. 

"Como sempre critican que somos os mesmos catro os que nos mobilizamos, ímonos a pór caretas para despistar", dicían os asistentes, convencidos con seguir coas protestas para esixir unha moratoria para a unificación dos centros. 

Comentarios