O novo CUV de Opel farase en Figueruelas

O novo vehículo da firma alemá continúa a tendencia cara a modelos deportivos e espazosos no segmento B
Planta de Opel en Figueruelas, Zaragoza
photo_camera Planta de Opel en Figueruelas, Zaragoza

A planta zaragozana de Opel en Figueruelas fabricará o novo crossover da firma automobilística, que se lanzará ao mercado coa marca Crossland X.

O novo CUV continúa a tendencia cara a modelos crossover deportivos e espazosos. O nome, que é novo, diferente e divertido, encaixa co carácter do novo coche.

"Os clientes queren tamén coches máis emocionais no segmento B", asegurou a directora xeral de Mercadotecnia de Opel, Tina Müller, quen indicou que o obxectivo é "satisfacer estas expectativas" co Crossland X, e ofrecer "un coche cun deseño impactante e coas vantaxes dun SUV para o estilo de vida urbano; áxil na cidade e que transmita confianza en longos percorridos".

"Este é o coche ideal para aquelas persoas que gozan vivindo a vida do campo na cidade, para os que aman a natureza e necesitan un gran espazo para levar aos seus nenos", agregou.

Desde 2010, as cifras de vendas dos SUV e CUV multiplicáronse por cinco. Desde a firma apuntaron que o novo Opel Crossland X dará "un novo ímpeto" a este mercado e potenciará o crecemento da marca Opel.

Co novo CUV, Opel comezará a súa ofensiva no segmento dos CUV en 2017, engadindo unha nova categoría á gama existente de produtos que van desde o ADAM ata o Zafira.

Comentarios