sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Plans da Xunta crearon 66 empregos na comarca

Raquel Arias y Pablo Taboada, con trabajadores en Palas (Foto: Xesús Ponte)
Raquel Arias y Pablo Taboada, con trabajadores en Palas (Foto: Xesús Ponte)

A Consellería de Traballo e Benestar investiu máis de 700.000 euros en plans de cooperación, que se traduciron na contratación de 66 persoas desempregadas na comarca da Ulloa: 36 en Palas, 15 en Antas e outras tantas en Monterroso. Estes plans, creados pola Xunta, son un instrumento para a subvención de postos de traballo a persoas sen emprego, coa finalidade de facilitar unha formación e experiencia laboral aos beneficiarios dos mesmos.

No municipio de Palas de Rei investíronse 366.000 euros dedicados á realización de actividades de mellora de servizos e espazos públicos, así como á creación dunha brigada dedicada á eliminación de barreiras arquitectónicas. A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, estivo onte na localidade palense para observar as distintas obras realizadas ata o momento polos traballadores contratados con este plan.

Os plans de cooperación teñen unha evidente vertente social. No conxunto da provincia de Lugo, o financiamento total este ano alcanzou os 9.026.466 euros, xerando un total de 913 empregos, cuxa duración media rolda os seis meses por traballador.

A delegada, que estivo acompañada polo alcalde de Palas, Pablo Taboada, destacou que «os concellos son os que teñen que solicitar estos plans para destinalos a proxectos concretos» e engadiu que «é moi destacable a sensibilidade do concello palense, pois presentou numerosos proyectos para diversos ámbitos».

Actuacións

Arias puido comprobar que actualmente están en execución os traballos para o novo acceso ao colexio público e a recuperación dunha fonte na parroquia de Requián. Ademais, comprobou que xa están terminadas as actuacións de accesibilidade á casa da cultura, a rehabilitación de dous lavadoiros públicos, un en Fontecuberta e outro en Burdallos e a recuperación e acondicionamento das fontes públicas de San Xorxe de Augasantas e Montarelo.

No concello de Monterroso, os traballadores contratados están integrados en traballos de protección, mantemento de zonas rurais e na xestión de instalacións deportivas. Mentres que na Ulloa as contratacións están orientadas á revalorización, mellora de vías e espazos públicos e en tarefas de promoción turística do concello.

Arias resaltou que os programas son fundamentais e teñen dúas vertentes salientables «por unha banda, proporcionan un posto de traballo a persoas desempregadas, e por outro, constribúen á mellora dás infraestruturas locais dá comarca dá Ulloa e ó benestar social», asegurou.

Plans da Xunta crearon 66 empregos na comarca
comentarios