Pistorius declarará mañá polo presunto asasinato da súa noiva

O atleta surafricano Óscar Pistorius declarará mañá, e non hoxe como estaba previsto, ante o Tribunal da Magistratura de Pretoria polo suposto asasinato da súa noiva, a modelo Reeva Steenkamp.

A portavoz da Policía de Sudáfrica, Katlego Mogale, precisou hoxe, en declaracións emitidas pola televisión local eNCA, que Pistorius comparecerá ante a Xustiza surafricana mañá debido a que o fiscal necesita máis tempo para preparar o caso.

O atleta, que foi trasladado ao hospital Mamelodi de Pretoria para unha revisión médica, pasará a noite baixo custodia policial, indicou Mogale.

O corredor foi acusado formalmente hoxe pola Policía de Sudáfrica do asasinato da súa noiva, que apareceu morta con catro disparos no domicilio do Pistorius en Pretoria. A familia de Reeva confirmou hoxe que o corpo pertencía á modelo.

Comentarios