Piropo prepara o seu despegue definitivo en novos mercados

Cristina e Óscar Rodríguez, no seu taller de xoiaría. (Foto: José Mª Álvez / AMA)
photo_camera Cristina e Óscar Rodríguez, no seu taller de xoiaría. (Foto: José Mª Álvez / AMA)

O xoieiro vivariense Óscar Rodríguez recoñece que nos tempos de hoxe meter unha marca nova no mercado «é moi difícil», pero logo de ano e medio impulsando a liña da que se encarga a súa filla, Piropo Joyas, están conseguindo os resultados. As súas creacións xa están en cen puntos de venta en España e Estados Unidos, pero os contactos xerados na feira internacional Iberjoya de Madrid, na que acaban de participar, farán que «Piropo estea a un nivel importante dentro da xoiería como complemento, e se todo sae ben para o verán próximo verase un despegue importante», di Rodríguez.

Actualmente a marca está moi implantada en zonas turísticas do Mediterráneo, «en Cataluña, Levante, toda a Costa do Sol, Mallorca, Ibiza...», e tamén no País Vasco. En poucos días empezarán a deseñar a campaña máis importante do ano, a de Nadal, para presentar e promocionar a marca en Galicia, Asturias e Castela e León, e tamén «se abriu a posibilidade de distribuir Piropo para Portugal». Outra boa nova é que a empresa que distribúe «en periodo de probas» a marca de Cristina Rodríguez en Estados Unidos «vai facer un esforzo máis importante e vai abrir uns 40 postos de venta máis» nese país.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios