Piqué nega que se burlara dos ''españolitos'' aos que ía gañar a Copa

As redes sociais arderon onte (e seguen hoxe) por culpa dunha frase atribuída a Gerard Piqué e que o barcelonista, presuntamente, pronunciou á súa entrada no túnel de vestiarios do Santiago Bernabéu tras o clásico do sábado. "¡Españolitos, agora ímos gañar a Copa do voso Rei!", aseguran que dixo.

O central blaugrana apresurouse a desmentir a noticia a través de Twitter taxativamente. "A información que hoxe saíu sobre min nun medio deportivo é totalmente falsa e nunca dixen semellantes bobadas", asegurou Piqué. Pouco despois, tuiteaba: ''Vémonos mañá na festa do fútbol español''.

Comentarios