Pescanova S.A. nomea a un novo secretario tras a dimisión do anterior

Leopoldo Fernández Zugazabeitia ocupa o lugar de César Mata Moretón, que dimitiu esta semana
Vista de la sede en Chapela de Nueva Pescanova. AEP
photo_camera Vista desde el mar de la sede en Chapela de Pescanova

Pescanova S.A. (coñecida como a Vella Pescanova) anunciou este mércores o nomeamento de Leopoldo Fernández Zugazabeitia como novo secretario do Consello de Administración da compañía, despois de que César Mata Moretón dimitise esta semana dese posto.

Nun comunicado enviado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), a empresa pesqueira precisou que Fernández Zugazabeitia aceptou o cargo tras declarar que non incorre en ningunha incompatibilidade.

Avogado de profesión e de 43 anos de idade, o novo secretario do Consello de Administración é socio fundador do despacho Zaibatsu, ademais de contar con formación en mercados de valores. Zugazabeitia incorporouse en calidade de conselleiro a finais de setembro, cando se decidiu ampliar de catro a sete membros.

Pescanova S.A. -actualmente unha sociedade de carteira cuxo principal activo é unha participación do 20% en Nova Pescanova- informou esta semana de que convocará unha Xunta extraordinaria de Accionistas debido aos "recentes cambios accionariais", en alusión ao aumento da posición do fondo de investimento Broadbill no seu capital.

Explicou que, nesa reunión, procederase a deliberar e votar a renovación do seu consello de Administración. Precisamente para "facilitar este proceso de renovación" presentaron a súa dimisión tanto César Real Rodríguez -conselleiro- como César Mata Moretón -que ademais de conselleiro exercía como secretario-.

Comentarios