Pescadores de Burela critican o mal estado das escaleiras do porto

Portos inviste 22.000 euros no cambio da iluminación tradicional por luminarias Led na dársena burelense, Celeiro e Foz
Una de las escaleras, con la barandilla rota
photo_camera Una de las escaleras, con la barandilla rota

Usuarios do porto de Burela manifestaron o seu descontento coa situación "moi mala" na que se atopan "moitas das escaleiras" que serven para acceder desde o peirao aos barcos e desde estes ata terra. O problema reside en que bo número destas escaleiras teñen rotas ou carecen de varanda no tramo final, o que dificulta sobre todo a baixada cara ás embarcacións, facendo perigoso o transito.

Un dos mariñeiros afectados explica que o problema se dá sobre todo "nos peiraos da zona de Absa que é onde faltan máis varandas, a responsabilidade é de Portos que é quen ten que ter o peirao en condicións, e as varandas faltan dende fai tempo", explica. Esta falta dalgúns tramos finais fai realmente difícil utilizar estas escaleiras, aínda máis se leva algún tipo de carga ou algunha man ocupada. A rotura se produce sobre todo a causa do empuxe dos cabos que amarran os pesqueiros.

EFICIENCIA ENERXÉTICA. O ente público Portos de Galicia inviste 22.000 euros no cambio da iluminación tradicional por uns de lámpadas Led nas zonas portuarias de Celeiro, Burela e Foz. 

En Burela e Foz as actuacións céntranse nas zonas comerciais dos portos. No porto burelense, tras revisar o sistema de iluminación para solucionar os problemas que causaban, Portos decidiu repor os proxectores con Led, así como dotar de máis puntos de luz ás zonas de traballo. En Celeiro tamén se realizou un estudo do sistema de iluminación ante a falta de luz suficiente na chaira de almacenamento de cuarzo. Para garantir a seguridade na actividade de estiba colocáronse tres novos proxectores Led nas torres do peirao.

No que respecta ao porto de Foz, Portos renovará a iluminación existente o en paseo da Rapadoira, substituíndo os puntos de luz actuais por luminarias Led.

Comentarios