Peixe e carne, menú a escoller

Non se pode pedir máis nesta comarca, sobre todo á hora para comer, onde onte se puido optar cun menú de peixe ou carne, suculentos manxares ambos os que se puideron degustar en Foz e en Xove.

Nesta última localidade celebrouse a Festa do Lacón, un evento promovido pola agrupación folclórica de Saíñas, que preparou 350 racións, compostas cada unha por sopa, lacón, chourizo, pataca, pan e bebida, que se serviu no polideportivo ao prezo de oito euros.

Festa da Pescada
En Foz, o produto estrela dunhas novas xornadas gastronómicas promovidas pola Acia foi a pescada, que se serviu como ingrediente principal nas tapas e racións que se puideron degustar en máis dunha vintena de establecementos de hostalería. ao prezo de cinco euros.

Unha festa que serviu para celabrar a chegada da primavera e para tomar un viño en calquera zona de Foz, cun produto tan mariñán como é a pescada e cuxa versatilidade na cociña quedou demostrada.

O ano visto polos Aventados
O colectivo mariñán Os Aventados, formado por artistas de diferentes especialidades de distintas localidades da comarca, celebrou onte unha das súas xornadas máis características de todo o ano, na que fan entrega dos premios que denominan Árdelle O Eixo e Árdelle O Carro.

Ambos responden a un mesmo espírito enfocado desde visións opostas: o primeiro é para un personaxe ou institución que desenvolva un labor destacado durante o último ano, e o segundo é xusto o contrario.

O mal tempo non freou o ímpeto da foliada Ao Son do Masma
O colectivo cultural Ollomao de Barreiros e o grupo de música tradicional Tumba e Dálle organizaron a foliada Ao Son do Masma, na que a música popular combinouse coa comida e a festa desde o mediodía. Nunha comida celebrada no local social de Celeiro, celebrouse esta foliada na que os asistentes conseguiron vencer ao mal tempo con bo humor e ganas de gozar durante toda a noite. Esta foliada é un paso previo ao festival do mesmo nome, que será o 7 de xuño.

 

 
 

 
0'0 (0 votos)

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios