Pedro López, o neno maduro do CD Lugo que nunca se puña nervioso

Destacou na súa traxectoria no Lugo, ao que chegou de prebenjamín
Pedro López, con el CD Lugo infantil de la temporada 2009-2010
photo_camera Pedro López, con el CD Lugo infantil de la temporada 2009-2010

Do Prone a Segunda División grazas a un adestrador que marcou a traxectoria de Pedro López. O defensa do Lugo atopouse cedo nunha encrucillada deportiva. Unha incompatibilidade na súa traxectoria que un técnico, Antonio Gómez, axudou a despexar con habilidade. En idade alevín, o defensa branquivermello vestía tamén o azul do Prone ata que o adestrador lucense conduciuno cara a unha senda exclusiva que o levou á elite futbolística con vinte anos.

Pedro empezara no fútbol para practicar un deporte. Fíxoo logo nos prebenjamines do Lugo, xogou de porteiro inicialmente para ser defensa vocacional despois. Alternaba co Prone ata que Gómez lle fixounha oferta que non rexeitou. "Él (Pedro López) compaxinaba o Lugo co Prone. Empezou así ata alevíns. Aquel ano prometinlle que ao ano seguinte subíao a Liga Galega infantil se deixaba o Prone e fíxeno", recorda Antonio Gómez.

"Pedro compaxinaba o Lugo co Prone pero lle prometín que xogaría na liga Galega infantil se deixaba o Prone e fíxoo"


O preparador lucense marcou a Pedro no persoal e achégolle "sobre todo, ganas de fútbol e confianza", defende o xogador. Aquela tempada de infantil impulsouno ata o Deportivo, onde non tivo un bo paso entre lesións e competencia.

No seu segundo ano de cadete, Pedro regresou a Lugo para seguir sendo o líder calado dun equipo que competía en División de Honra. Posteriormente foi queimando etapas na máxima categoría xuvenil e a filial antes de chegar ao primeiro equipo do Lugo. "Foi paso a paso, sen precipitarse. Víaselle que ía aos poucos pero cunha evolución adecuada", considera Gómez.

"Era un líder no vestiario. Non o era por falar moito, senón por ter un gran respecto entre os seus compañeiros"


Fíxoo coa madurez e o traballo como vehículos. "Desde pequeno é un futbolista máis maduro que os demais", asegura Antonio Gómez. "A súa maior virtude, á parte da boa técnica, era a súa calma. Dábaslle un balón e non se apuraba. En alevíns, levábalo a xogar cos infantís e xogaba moi serio a pesar de ser dous anos máis pequeno. Dábanlle o balón e non llo sacaban de encima. Recibía a pelota e nunca se puña nervioso. Era moi maduro xogando, moito para idade que tiña. Tiña algo que non tiñan os demais. Nunca se puña nervioso e intentaba facer cousas que outros nenos non se atrevían. Ademais, tamén recibía moi ben aspectos tácticos que lle dicías e logo aplicábao moi ben ao xogo", insiste o técnico.

A pesar da idade, Pedro era un líder para os seus, un respecto gañado a base de traballo e honradez. "Era un líder no vestiario. Non o era por falar moito, senón por ter un gran respecto entre os seus compañeiros", valora Gómez. "Adestraba de forma moi seria. Nesas idades adestras con moitos nenos e, con trece, catorce ou quince anos a cabeza téñena noutra cousa. En cambio, el adestraba e por iso era un líder".

Comentarios