A Pastoriza, como unha seda

Un vehículo en un establo, imagen del vídeo (Foto: EP)
photo_camera Un vehículo en un establo, imagen del vídeo (Foto: EP)

A escola de condución PTC e a produtora Visual IT acaban de presentar un vídeo dunha ginkana en coche pola Pastoriza, un proxecto que produciron xuntos co obxectivo de promocionar o seu traballo e dar a coñecer o concello da Pastoriza, onde se asenta un dos circuítos de karts que xestiona a empresa.

O monitor da escola Isaac Fernández é o protagonista do vídeo, quen ao volante dun Subaru BRZ realiza un percorrido polo concello chairego, utilizando como marco espazos que destacan a natureza da localidade, como o Muíño do Estreito; a súa base agrogandeira, con imaxes a explotación da fábrica de queixos Casa Ánxel, ou o seu achegue industrial, coa canteira de Sanjurjo de fondo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios