lunes. 17.01.2022 |
El tiempo
lunes. 17.01.2022
El tiempo

Paradela premia a obra de Emma Pedreira e Pepe Pol

Numerosas personas asistieron al acto de entrega. porto
Numerosas personas asistieron al acto de entrega. porto

A poetisa coruñesa Emma Pedreira e o escritor de Montefurado (Quiroga) Pepe Pol recolleron en Paradela os premios literarios Manuel Oreste Rodríguez López, convocados por este Concello e dotados con sendas cantidades de 600 euros.

Pedreira alzouse co primeiro premio na modalidade de poesía polo seu traballo ‘Caderno de Lisboa' mientra que Pol resultou vencedor en narrativa con Sibila ‘e fada maior da Ribeira Sacra'. Nesta décimo quinta edición do certame, con 215 obras presentadas, tamén foron galardoados Manuel García Díaz-Pintado, de Cidade Real; a compostelá Rosa Piñeiro, Noa Mª Carballa de Meis e a viguesa Mercedes Branco.

A entrega celebrouse no centro sociocultural, en presenza de numerosas persoas. Entre elas atopábanse o alcalde, José Manuel Mato, e outros membros do xurado como Xulio Xiz, José Carlos Rodríguez Andina, Xesús Mato e Santiago Rodríguez, fillo do autor homenaxeado co certame. Tamén asistiu Darío Xohán Cabana, amigo persoal de Manuel Oreste Rodríguez.

O acto incluíu a presentación do libro coas obras premiadas e contou coa participación dos alumnos do colexio San Miguel, que fixeron unha emotiva representación. A cerimonia foi especialmente significativa nesta ocasión por coincidir co vixésimo aniversario do falecemento de Manuel Oreste Rodríguez -Fillo Predilecto de Paradela- e coa publicación da recompilación da súa obra poética.

O premio ao que dá nome recibe cada ano traballos procedentes de todo o mundo. á décimo sexta edición concorren 159 obras, das que 107 foron enviadas, como novidade, por correo electrónico.

Paradela premia a obra de Emma Pedreira e Pepe Pol
comentarios