Pais do Frei Luís protestan hoxe polo repentino cambio de horario

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do colexio Frei Luís de Granada de Sarria convocou para esta tarde unha manifestación para mostrar o seu malestar polo repentino cambio de horario do centro motivado polo corte da Rúa Castelao e para denunciar «desinformación».

á concentración están chamados todos os pais, os alumnos e veciños de Sarria. Partirá ás oito da tarde desde o colexio para percorrer a rúa Calvo Sotelo ata o cruzamento de Catro Camiños, onde se lerá un manifesto. A Anpa criticou que non se lle permitise remitir unha comunicación aos proxenitores a través dos escolares -como fixeran en anteriores ocasións- para informar sobre a manifestación.

A marcha convócase porque consideran que as familias debían ser informadas con antelación sobre o cambio do horario dado que «era algo previsible o corte da ponte ao ser unhas obras que veñen desde hai meses».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios