Arrinca o San Froilán, a festa ''que nos merecemos''

O San Froilán 2011 arrincou oficialmente cun chamamento de Paco Martín a facer a festa e que sexa para ben, que iso é o que nos merecemos”. O escritor lucense leu o pregón inaugural na Praza Maior, aínda que no seu texto foise coa imaxinación ata Magoi e outros sitios da súa infancia.

Martín recordou como era outrora o San Froilán, co  desaparecidos Teatro Arxentino, Barriga Verde ou a feira nos terreos da estación de buses  ou as carreiras de motos ao redor da muralla. Nese percorrido polo seu pasado, Paco Martín reivindicou a memoria do “señor Jacinto”, quen chamaba 'garigolos' ás casetas do polbo. O escritor propuxo que se adopte este nome de forma oficial, dándolles “así personalidade propia ás que son do San Froilán”, porque “ben merecen diferenciarse das que poida haber en calquera outra parte do mundo”.

Martín invitou a gozar da festa como nenos, porque “tempo haberá para esforzos, traballos e desilusións”, porque “este é o momento de reivindicar o pouco práctico, o nada eficaz, o reino do soñado”. é “o momento no que se poden pensar como como certas algunhas das nosas máis gardadas máis fantasías”, resumiu o autor de 'As cousas de Ramón Lamote'.

El Progreso publicará este mércores o seu tradicional especial de San Froilán, centrado nas redes sociais. Por esta razón, tamén o especial da web, posto en marcha este martes, ten formato de rede social.

Comentarios