Outra parte da educación

Alumnos bureleses en Bélgica (Foto: AMA)
photo_camera Alumnos bureleses en Bélgica (Foto: AMA)

Os ALUMNOS do colexio Vista Alegre de Burela que participaron durante unha semana nun proxecto europeo Comenius na localidade belga de Balen xa están en casa. Os 38 nenos de 5º e 6º de primaria xunto a tres profesores, a directora do centro e a auxiliar de conversación coa que este ano conta o centro compartiron un encontro multicultural con alumnos non só belgas senón tamén de Finlandia e de Malta a través dun completo programa de actividades e xogos en común. Ademais, os alumnos burelenses pasaron dúas tardes con familias belgas para coñecer máis de cerca os costumes daquel país.

Recoñecemento ao centro san aníbal. A directora do centro de menores San Aníbal de Burela, Martina Sendino, recolleu a certificación de calidade ISO 9001:2008 concedida ás instalacións (primeiras da provincia en conseguila) e coa que buscan afianzar, mellorar e achegar solucións innovadoras na prestación dos seus servizos. Ademais, ao longo do ano que vén esperan implantar a acreditación FQM de excelencia europea para avalar os seus servizos.

nova exposición no cenima. O Centro de Interpretación dá Mariña (Cenima) de Foz alberga ata o 2 de xullo unha mostra de fotografías coa historia da escola náutico pesqueira da localidade. á inauguración asistiron máis dun centenar de persoas que recordaron os dez anos que estivo en funcionamento.

Comentarios