Os veciños de Parga advirten a Abanca cun "todo ou nada"

Enviarán cartas ao banco para comunicar que pecharán as súas contas se a oficina non abre 5 días cada semana
Más de un centenar de personas asistieron a la reunión en el CIT de Parga
photo_camera Más de un centenar de personas asistieron a la reunión en el CIT de Parga

Os veciños de Parga sitúanse en bloque e advirten a Abanca cun "todo ou nada". Nunha multitudinaria e acalorada reunión celebrada este martes ás oito da tarde no CIT -moitos responsables de negocios pecharon para asistir ao encontro con responsables do banco-, os veciños deixaron claro o seu posicionamento: pecharán as súas contas se a oficina deixa de abrir os cinco días por semana que abre agora.

Máis de cen persoas asistiron á reunión, tensa por momentos pero chea de unidade veciñal, coa intención de manter o servizo que teñen. E non apoiaron a proposta de Abanca de reducir os días de apertura da oficina a unha decena ao mes, repartidos en tres a primeira semana e tan só dous o resto das semanas.

"Todo ou nada", repetiron nunha reunión na que houbo aplausos, reproches reiterados de "falta de sensibilidade", discrepancias sobre os custos da oficina ou a petición de mantela polo menos un ano aberta ao 100% para ver se melloraban as cifras.

Non houbo un acordo cos directivos de Abanca, que aseguraron que a oficina "non é rendible", aínda que invitaron aos presentes a celebrar unha nova reunión para achegar posturas.

Ao finalizar a reunión creouse un pequeno grupo de traballo que tomou a decisión de realizar cartas tipo para que todos os veciños, con nome e apelidos, lle comuniquen a Abanca a súa intención de pechar a súa conta se se reducen os días de apertura da oficina.

Comentarios