Os produtores de madeira solicitan un inventario das pistas forestais galegas

Cren que é necesario cobrar pola súa deterioración e que isto non debe repercutir nos prezos ao propietario
Pista dañada por el transporte de madera
photo_camera Pista dañada por el transporte de madera

As asociacións de produtores de madeira de Galicia levaron, o pasado venres ao Consello Forestal de Galicia que se celebrou en Compostela, a proposta segundo a cal os propios concellos e a Federación Galega de Municipios (Fegamp) "debían facer un inventário fiábel" das pistas forestais que se atopan en terreo público, "así como o seu mantemeto en bo estado pola súa conta e a sinalización adecuada", indicaron fontes de Promagal.

Unha vez que se clarifiquen os puntos anteriores, "pódense cobrar danos causados polo transporte da madeira aos seus causantes até a situación de bo estado inicial". Promagal di que estas indemnizacións polos danos causados non deben repercutir nos propietarios nin indirectamente nos prezos da madeira. Sobre os propietarios, a asociación considera que se os debe "ter en conta" en futuras reunións.

Os produtores de madeira consideran ademais que se debe realizar unha unificación cun criterio único, para as normativas e ordenanzas de todos os concellos en materia de vías forestais.

No consello tamén se iniciaron trámites para o Plan Forestal de Galicia e as mesas de Madeira e Castaña. Na primeira mesa solicitouse elixir democraticamente os representantes das asociacións máis relevantes de sector, que serán en total catro vogais.

comentarios