O PP crece na Ulloa ante o naufraxio de En Marea

O PP mellorou os seus resultados de decembro nos tres municipios da comarca, mentres que todos os demais partidos perderon apoios
Un joven vota en una mesa de Monterroso
photo_camera Un joven vota en una mesa de Monterroso

A Ulloa continúa sendo azul, como demostra o feito de que o PP logre imporse con claridade nos tres concellos que conforman a comarca. Con relación aos comicios de decembro, o Partido Popular recupera 170 votos, cunha participación que no conxunto da comarca situouse en torno ao 70%, case tres puntos menos que no pasado decembro.

Excepto o PP, todos os demais partidos perderon votos con relación ao 20-D, pero, aínda que os socialistas lograron amortecer a caída, foi En Marea quen descendeu de forma máis brusca, ao perder nestes seis meses de Goberno central en funcións máis de 200 votos na comarca.

Ciudadanos e BNG foron os outros dous grandes damnificados nas eleccións deste domingo. Os laranxas sufriron unha importante sangría de votos en Palas de Rei e en Monterroso, onde perderon 31 e 73 apoios, respectivamente. Os nacionalistas do BNG seguen, pola súa banda, en caída libre na comarca e só en Antas de Ulla perderon a metade dos votos de decembro.

Os gobernos locais de Palas de Rei e Antas de Ulla, gobernados en maioría absoluta polos populares Pablo Taboada e Javier Varela, respectivamente, non corresen perigo no caso de que as deste domingo fosen unhas eleccións municipais. Pola contra, o de Monterroso, en mans do independente Jesús Otero e tradicional feudo socialista na comarca, o PSOE continúa sen recuperarse do pau sufrido nas eleccións de 2011, cando o PP o dobrou en número de votos, despois de que en 2008 fosen os socialistas os que se impuxesen por unha escasa marxe.

MELIDE. O PP tamén se mantén como principal forza en Melide , cun 52,91% dos votos. Neste concello caen as demais forzas políticas, aínda que a brecha entre socialistas e En Marea é agora algo maior que a que había fai só seis meses. Os nacionalistas do BNG tamén sufriron un forte descenso pasando dos 349 votos conseguidos en decembro aos 171 deste domingo.

Comentarios