Os Papeis do Paraíso salpican á trama Gürtel

Correa e o seu número dous, o galego Pablo Crespo, tiveron sociedades 'offshore' na caribeña illa de Nevi

Os Papeis do Paraíso salpican tamén á trama Gürtel. En concreto, o presunto xefe, Francisco Correa, e o seu número dous, o galego Pablo Crespo, aparecen na filtración que en España están a desvelar La Sexta e El Confidencial.

Ambos destinarían parte dos beneficios que obtiñan organizando actos do PP a paraísos fiscais. Así, Correa creou unha empresa na illa caribeña de Nevis en 1997, un mes antes das eleccións galegas que organizou para os populares. Crespo, quen fora secretario de organización do PPdeG nos noventa, tamén creou nese paraíso fiscal a empresa Midcourt Limited pouco despois de abandonar o PP, en 1999.

Comentarios