lunes. 17.05.2021 |
El tiempo
lunes. 17.05.2021
El tiempo

Os Ancares colga o cartel de cheo ante a chegada da Volta o sábado

Varios momentos
de la Queima das Fachas de Castelo y dos instantáneas en las que unos vecinos preparan
el festejo.
Varios momentos de la Queima das Fachas de Castelo y dos instantáneas en las que unos vecinos preparan el festejo.

Atopar unha praza hostaleira nos Ancares para este fin de semana é unha tarefa pouco menos que imposible. O paso da rolda ciclista pola comarca, co final de etapa no Porto dos Ancares, provocou que centos de afeccionados formalicen os seus reservas desde hai xa semanas, o que para moitos negocios supón un alivio, sobre todo, logo dun verán que foi «bastante frouxo», segundo asegura Eduardo González, que rexenta un mesón con habitacións en Doiras.

«Temos varios grupos de familias e amigos que esta fin de semana veñen ver a proba», explica. Nestes casos, as reservas fixéronse con varias semanas de antelación e onte este establecemento xa tiña todas as súas prazas ocupadas.

Tampouco dispón de habitacións libres o Mesón Campa da Braña, situado a poucos metros do albergue dos Ancares. A súa dona, María Dolores Ramos, afirma que, como xa ocorreu hai dous anos cando tamén unha das etapas da Volta terminou na comarca, a proba ciclista arrastrará a miles de persoas, polo que prevé que será un bo fin de semana para o negocio.

Consiga AQUÍ a información completa

Os Ancares colga o cartel de cheo ante a chegada da Volta o sábado
comentarios