O vento complicou o pasado inverno

Operativos invernais pasan por alto o conflitivo Fiouco

Sal e quitaneves, únicas previsións da Delegación do Goberno para a A-8 ► Néboa e vento son o principal problema
Camión volcado por el viento en diciembre pasado, en O Fiouco
photo_camera Camión volcado por el viento en diciembre pasado, en O Fiouco

Salmuera e quitaneves. O plan de vialidad invernal para a Rede de Estradas do Estado en Galicia segue os mesmos patróns que hai décadas, a pesar da néboa que obriga a cortar a autovía A-8 durante decenas de veces ao longo do ano ou tamén o forte vento invernal. O dispositivo estatal para procurar que os cidadáns transiten nas mellores condicións durante este inverno segue pasando por alto o problema do Fiouco onde a DXT instalou un novo radar de tramo en sentido ascendente, aínda sen activar, e sen previsión de que antes dun ano haxa sistema que disipe a néboa ou axude a circular con ela, sen perigo. Sobre o vento, o pasado inverno influíu nalgúns accidentes e obrigou a desviar vehículos articulados. 

A Delegación do Goberno en Galicia divulgou hai días que repartiu entre as catro provincias e as dúas autoestradas de peaxe 90 máquinas quitaneves, sen alusión ao problema dos cortes pola néboa. "A salmuera amoreada en inicio da campaña é de tres millóns de litros. A iso hai que sumar as máis de 19.000 toneladas de sal. Destacar que as cantidades de sal e de salmuera corresponden ás provisións iniciais e poderán ser aumentados a medida que discorra o inverno", indicaba a Delegación do Goberno, aludindo a un protocolo que "especifica os medios e recursos que a Administración Central pon a disposición na Comunidade, á vez que actualiza os dispositivos e procedementos de actuación ante nevadas e outras situacións meteorolóxicas extremas". 

A A-8, a principal infraestrutura de transporte público do Cantábrico, seguirá co seu punto negro no Fiouco. A operatividade da autovía pode seguir en dúbida durante meses, con cortes cando a falta de visibilidade comprometa a seguridade.En Mondoñedo áchase unha das instalacións onde tamén a Xunta fai provisión de sal e fundentes para combater as xeadas e a neve pero as súas competencias non van máis aló das estradas autonómicas. Unha das cales, a LU-124, que conecta a A-8 desde Lindín coa N-640 foi modernizada recentemente pero, se hai néboa no Fiouco, o tráfico debe desviarse da A-8 á N-634, pola problemática Xesta .

Comentarios