''Ofrecemos tapas de alta cociña, pero en pequenas creacións''

José Blanco, xerente do restaurante La Solana, que está situado no peirao deportivo de Ribadeo

En pleno inverno, La Solana volve sorprender cunhas xornadas coas que pretende atraer comensais nestas datas. ¿En que consisten?

Trátase dunha quincena dedicada ao tapeo, que comeza mañá luns, día 20, e que continuará ata o 2 de febreiro. Basicamente son tapas de alta cociña, en pequenas creacións.

¿Que tipo de tapas prepararon?

Volvemos ofrecer o canutillo de longueirón, co que gañamos o anterior certame Ribadeo de Tapeo e que gustou moito á clientela e repetimos con outra tapa que tamén nos demandan os comensais, como é a de lagostinos fritidos con améndoas ao Pedro Ximénez. Tamén hai minihamburguesas de polbo e tenreira galega, outra de bacallau ao pil pil con foie de pato e unha máis de escabeche de perdiz vermella á pementa. Cada unha só custa 1,80 euros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios