''Ofrecemos ata 20 actividades diferentes nunha quincena''

Pedro Esmorís, xerente da firma Roq Sport, que organiza campamentos para nenos no verán

¿Que campamentos organizarán este verán?

Temos dous tipos, para nenos de 4 a 9 anos, e outros para maiores de 9. O primeiro vai do 1 de xullo ao 12, son primeiras aventuras para nenos de 4 a 8 anos. Farán orientación básica, tiro con arco, xogos na praia, canoa, karts a pedais, tirolina... Son 20 actividades diferentes, dúas por día, de luns a venres.

Son moitas actividades...

Do 15 ao 26 haberá divercampamento para os pequenos, que está máis orientado a xogos, talleres, murais, inchables, iniciación aos malabares, disfraces.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios