O sorpasso non se consumou na Ulloa

Os socialistas perderon na comarca medio milleiro de votos con relación a 2012, pero mantéñense segundos tras un destacado PP
Una mujer deposita su voto en una mesa monterrosina
photo_camera Una mujer deposita su voto en una mesa monterrosina

O Partido Popular mantense como principal forza na comarca da Ulloa, cuns resultados moi na liña dos conseguidos hai catro anos, mentres que os socialistas se deixan polo camiño case medio milleiro de apoios que, aínda que na súa maior parte se foron a En Marea, non foron suficientes para consumar o sorpasso.

O PP impúxose con claridade nos tres concellos que conforman a comarca, aínda que curiosamente, foron os dous que teñen alcaldes populares —Antas de Ulla e Palas de Reis— os que experimentaron un lixeiro retroceso con relación ás anteriores autonómicas.

Pola contra, en Monterroso, cun rexedor independente pero de pasado socialista, foi onde o PP superou os resultados conseguidos en 2012.

O BNG tamén perdeu apoios nos tres concellos, excepto en Antas de Ulla, onde a pesar do tirón de En Marea, os nacionalistas conseguiron manter a fidelidade da gran maioría dos seus votantes.

MELIDE. En Melide, o PP impúxose nestes comicios cun total de 2.575 votos, que melloran os 2.383 conseguidos en 2012. En Marea irrompe con forza neste municipio (586), superando claramente a PSOE (496) e BNG (376).

Comentarios