O Santo, ou como pasalo ben aí arriba

A ausencia de choiva converteuse na mellor noticia para os romeus, que pasaron día e noite no monte focense
Pandillas de todas las edades aparcan la rutina este fin de semana para disfrutar de dos días de fiesta en el monte, donde pasarlo bien es una obligación.
photo_camera Pandillas de todas las edades aparcan la rutina este fin de semana para disfrutar de dos días de fiesta en el monte, donde pasarlo bien es una obligación.

Non hai mellor noticia para un romeu que se prece que un parte metereológico no que as choivas brillen pola súa ausencia. Unha noticia que no caso do Santo convértese en toda unha bendición xa que permite gozar a lume de biqueira da festa. Unha cita que arrincou cunha animada verbena cos conxuntos Nueva Banda e Taxi, á que seguiu unha concorrida sesión vermú que abarrotou o recinto e cuxa música correu a cargo de Los Españoles.

A xornada foi completa, xa que houbo comidas e ceas campestres ao longo e ancho da área recreativa, onde se deron cita cuadrillas de todas as idades que pon en práctica á perfección o manual de como pasalo ben aí arriba. Unhas horas é a que non queda tempo para o aburrimento e ás relaxadas comidas seguen unhas máis que sosegadas sobremesas, onde as sestas se alternan coas partidas de cartas e incluso con sonoras festas, sobre todo por parte dos máis jovenes.

Os toldos e casetas albergan nas súas interior ganas de pasalo ben, pero sobre todo de compartir cos seus momentos de felicidade e bo ambiente. Familias con nenos altérnanse con cuadrillas de amigos, para os que as empanadas, tortillas e o churrasco convértese no menú esencial para esta festa.

O mellor foi a ausencia de incidentes e as ganas de que non se producisen durante a madrugada, en que a música correu a cargo das orquestras Los Españoles e Dominó. Esta tarde, haberá unha sesión vermú longa, con dous grupos, tras o que comezará a desmontarse as casetas, unha ingrata tarefa pero que é necesaria para que o recinto quede nas mesmas condicións que llo encontraton ao chegar.

Para premiar o civismo dos focense e permitir que os propietarios de terreos vólvanos a ceder o Concello de Foz ten en marcha a campaña Eu coido Santo, na que se sorteará unha cea, para un máximo de vinte persoas.

Un premio ao que só poderán optar os que suban a Facebook, Twitter e Instagram imaxes nas que se recoñeza con facilidade o antes e o logo dunha festa, que volve recuperar adeptos e para a que todo o ano traballan desde a asociación cívico cultural Bispo Santo, que ao comezo do festexo xa lograra recadar o importe do orzamento, para o que levan meses inmersos nunha campaña de donativos, que inclúe empresas e particulares.

A organización tampouco se esquece de render culto a San Gonzalo a quen está dedicada a ermida e cuxa talla permanece no monte os tres días de festas, tras os que retorna á basílica onde permanece o reto do ano. Tamén haberá misa e procesión.

Comentarios