A parroquia de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, celebra esta fin de semana as festas do San Caetano. Serán dous días de música, animación para todos os públicos e gastronomía nunha das citas de referencia do verán na comarca. A edición deste ano, que será o venres e o sábado, reivindica o «palco de lona e as verbenas de toda a vida onde a xente bailaba e participaba», afirma Xabier López, presidente da Irmandade San Caetano, a asociación cultural e veciñal que organiza a festa, fronte ás «orquestras-espectáculo, ao fenómeno Panorama e ás verbenas nas que ninguén baila e só se vai a mirar».
Buscar
Notificacións
Secciones
O San Caetano reivindica o palco de lona e a verbena tradicional
Más en Noticias
Noticias
Redacción
02/jul./22
comentarios