O Resurrection ten contratadas a 49 das 100 bandas pero aínda non dá nomes

"Como xa é habitual, faremos un gran anuncio con moitas bandas, variado, e coa mellor combinación de hardcore, punk, hard rock e metal", explican desde a organización

A organización do Resurrection Fest desvelou que ten pechada a contratación de 49 dos 100 grupos que tocarán na próxima edición do 11 ao 14 de xullo no recinto de Lavandeiras pero aínda non achega ningún nome. "Como xa é habitual, faremos un gran anuncio con moitas bandas, variado, e coa mellor combinación de hardcore, punk, hard rock e metal. Estamos a traballar para sacalo canto antes", din.

O que si confirman é que contarán de novo con catro escenarios tras a boa acollida do Desert Stage, que permite separar mellor os xéneros.

PREMIOS EUROPEOS. Doutra banda, o Resurrection Fest está nomeado por cuarto ano consecutivo para nos European Festival Awards na categoría de mellor festival de formato medio, que engloba a aqueles que reciben entre 10.000 e 40.000 asistentes por día. Invitan aos fans a votar na páxina http://eufestawards.resurrectionfest.es para chegar á final do certame.

Nestes premios tamén está nomeado o Tsunami Xixón, festival co mesmo director que o Resurrection. No seu caso figura como mellor festival de tamaño medio e festival revelación.

Comentarios