''O que máis me gusta é cantar a Nino Bravo''

José Ángel González.
photo_camera José Ángel González.

Canto tempo leva cantando como afeccionado?

Levo cantando desde que aínda estaba aberto o pub Deimos. Sería no 95, fará 18 anos.

Que é o que máis lle gusta?

Gústame cantar a Nino Bravo. Pero fago outras cousas: vou na charanga A Choca desde hai tres anos, que é a mellor de todas as de Ribadeo.

Sigue participando no Festival contra o Cáncer que se organiza en Ribadeo?

Sempre vou, xa desde a primeira vez que se fixo, e tamén estou no coro Miserere, que dirixe Choupín e que cantamos en Semana Santa, e as orquestas déixanme cantar nas festas do muelle, no Carmen, e alí canto tamén a Pucho Boedo, Camilo Sexto ou Rafael.

Que é o que máis lle gusta cantar de todo eso?

Gústame todo, a charanga tamén, porque o paso ben cantando por aí. O coro Miserere é o máis serio, porque tes que ir nas procesións.

Que lle dicen na casa de que lle guste tanto?

Eu sempre cantei na casa, empecei xa mirándome ó espello, e a meus pais gústalles muito, porque non fago dano a naide. Ademais vou a clases de solfeo e canto desde hai xa doce anos.

Comentarios