O Popular, abocado á súa venda?

O diario económico Expansión abre a súa edición deste martes co titular: "Popular, abocado á súa venda". E argumenta na propia primeira páxina que "a situación do Popular faise cada vez máis insostible e o seu futuro pasa pola venda exprés ou polo troceo da entidade. O banco recoñeceu que terá que axustar as súas contas de 2016 para cubrir o desaxuste de máis de 600 millóns detectado por Emilio Saracho nunha auditoría interna. Parte da deterioración procede dos préstamos concedidos a accionistas para que acudisen á ampliación. En paralelo, Pedro Larena anunciaba a súa saída como consecuencia da perda de competencias tras a fichaxe de Miguel Escrig".

El Economista, pola súa banda, destaca que "Larena abandona o Popular tras emendar Saracho as contas" e que "a incerteza afunde ao banco en Bolsa un 10,4%".

E Cinco Días anuncia que a entidade que ata agora presidía o galego Ángel Ron ultima a fichaxe de Sánchez-Asiaín como CEO.

Comentarios