lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

O Páramo maniféstase en demanda dunha atención médica "suficiente"

Os veciños reclaman "profesionais fixos", xa que aseguran que desde hai uns meses teñen un médico menos e que "cada vez é diferente"

Os veciños do Páramo manifestáronse este venres para reclamar a presenza de dous médicos no centro de saúde deste municipio lucense. O acto reivindicativo era promovido por unha das usuarias do ambulatorio, Marcelina López, quen asegura que nestes momentos O Páramo só conta cun facultativo que, ademais, cambia cada pouco tempo.

A marcha, celebrada ao mediodía, discorreu entre o centro de saúde e a farmacia. Encabezábaa unha pancarta de Compromiso por Galicia, forza política que se sumou á manifestación, coa lema "Por unha atención sanitaria suficiente e con profesionais fixos".

"Só pedimos que se nos deixe como estabamos antes, con dous médicos, e que ao chegar ao centro de saúde non teñamos que atoparnos cada día cun facultativo diferente", explicou López, promotora hai uns meses dunha recollida de firmas no mesmo sentido.

Segundo os veciños, ata hai un ano aproximadamente exercían no Páramo dous médicos, que atendían a unhas 1.300 persoas. Despois quedou un só mentres que o segundo acudía dous días á semana e, desde fai uns tres meses, "xa só queda un e cada vez é diferente".

O Páramo maniféstase en demanda dunha atención médica "suficiente"
comentarios