''O outro viña darlle cunha varra de ferro''

La madre del detenido, Paz Vázquez, con el mastín ante su casa de Piñeira, en Baralla (Foto: Sebas Senande)
photo_camera La madre del detenido, Paz Vázquez, con el mastín ante su casa de Piñeira, en Baralla (Foto: Sebas Senande)

«O meu fillo defendeuse porque o outro, o ferido, viña petarlle cunha varra de ferro». Son palabras cheas de dor de Paz Vázquez Quiroga, a nai do barallés Eladio Fernández Vázquez, da casa da Groba, presunto autor do disparo cunha pistola a un veciño gandeiro, José Luís García Rodríguez, que está ingresado na Uci do Chuac na Coruña. A vítima nega esas declaracións e apunta que o detido disparoulle «a traizón» nunha pista sen que mediase disputa algunha.

Segundo comenta a nai do detido, o tiroteado provocaba a miúdo a numerosos veciños da parroquia barallesa de Piñeira, «con insultos e pasando co seu tractor polo medio das leiras alleas, onde deixaba grandes rodeiras».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios