Un 7,5% máis para innovación empresarial

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, destacou que parte deses fondos poranse ao servizo do denominado plan Industria 4.0, con vistas na especialización e cualificación dos traballadores

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou este martes que a Xunta destinará en 2016 ao orzamento de innovación empresarial un 7,5% máis respecto ao exercicio precedente, e un 17,5% se se retrotrae a comparativa a hai tres anos.

Conde incidiu nestes datos na inauguración da xornada 'A industria galega ante os retos da innovación', na que analizou o impulso da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia-RIS3, pondo o foco na reindustrialización.

Neste foro, o conselleiro destacou que parte deses fondos poranse ao servizo da innovación fabril con vistas ao seu plan denominado Industria 4.0, e neste sentido resaltou a necesidade de redundar na especialización e cualificación dos traballadores.

Fixo fincapé en que as administracións públicas deben dar resposta a estas necesidades e que, precisamente, a Xunta marcouse como obxectivo a creación de 50.000 postos de traballo no ámbito industrial coa vista posta no ano 2020.

Comentarios