O museo de Arxeriz invita os colexios a coñecer a cultura fluvial do Miño

Os responsables deste centro do Saviñao elaboraron unha unidade didáctica dirixida aos nenos que cursan educación primaria
Un grupo de personas, en la sala dedicada a la cultura fluvial
photo_camera Un grupo de personas, en la sala dedicada a la cultura fluvial

O ecomuseo de Arxeriz, que a fundación Xosé Soto de Fión xestiona no pazo de Arxeriz, no Saviñao, deseñou unha unidade didáctica dirixida a escolares de primaria para que coñezan a cultura fluvial do Miño, antigamente moi importante no curso medio e baixo desta canle, desde Portomarín ata Os Peares.

O xerente da fundación, José Antonio Quiroga Díaz, sinalou que se enviou información sobre ela e acerca dos talleres que se poden realizar no ecomuseo ao centro de ensino de toda Galicia, en especial aos da Ribeira Sacra, por se están interesados en que os seus alumnos coñezan as tradicións fluviais desta zona. "Nas unidades didácticas todo xira en torno ao Miño, sobre as artes de pesca e as embarcacións que antigamente navegaban polo".


Quiroga indicou que o pasado ano comezaron con estas actividades dirixidas aos colexios, recibindo a visita durante o curso académico de nenos de seis centros


Sinalou que estas fichas, para facelas máis atractivas para os nenos de entre seis e once anos, contan con numeroso elementos gráficos e pasatempos, talles como encrucillados, contos ou espazos para realizar debuxos. Están deseñados para cada un dos tres ciclos de Primaria, sendo o de maior complexidade o dirixido aos maiores, onde se inclúe o impacto que sobre o río causou a construción dos encoros. A idea é atraer aos novos estudantes ata o ecomuseo. Alí poderían encher a unidade á vez que visitan a sala dedicada á cultura fluvial.

Ademais, existe a posibilidade de participar en diferentes talleres, como un de arqueoloxía centrado no pasado castrexo, noutro de natureza e nun terceiro de etnografía e lendas da Ribeira Sacra.

José Antonio Quiroga indicou que o pasado ano comezaron con estas actividades dirixidas aos colexios, recibindo a visita durante o curso académico de nenos de seis centros. Quiroga aspira, con esta nova oferta, a duplicar polo menos o número de colexios interesados en achegarse ao ecomuseo.

Ao mesmo tempo, dixo que xa traballan nunha unidade didáctica sobre o Miño para secundaria. No ano que acaba de terminar, un total de 4.587 persoas acudiron a Arxeriz para coñecer as súas salas de etnografía, viticultura e cultura fluvial.

Comentarios