O Manresa bate ao Huesca e presentarase en Lugo na segunda praza

Lucenses e cataláns enfróntanse o vindeiro sábado no Pazo nun duelo ao grande
Un lance del Manresa - Huesca
photo_camera Un lance del Manresa - Huesca

O Manresa cumpriu o guion previsto e superou con comodidade ao Huesca (73-54), co que o vindeiro sábado (20.00 horas) veranse as caras no Pazo dos Deportes os dous primeiros clasificados: os Cafés Candelas Breogán, que conta os seus oito partidos por vitorias, e o Manresa, que perdeu un encontro na presente tempada.

O equipo catalán demostrou o domingo desde un principio que non quería sustos. Arrincou o duelo co acelerador pisado a fondo e ao final do primeiro cuarto xa mandaba por 25-13. Por se había dúbidas, case calcou o parcial no segundo (22-13) e o os segundos 20 minutos non tiveron historia.

O sábado, no Pazo, Manresa e Breogán teñen unha cita que servirá para aclarar cousas desta LEB Ouro aínda que se trate dun partido da novena xornada. No outro encontro disputado o d omingo, o Barcelona B superou (69-53) a un Iberostar Palma que está a ser unha das sorpresas negativas deste arranque de tempada. O conxunto balear é antepenúltimo logo de gañar só dous partidos.

Comentarios