29 incendios de madrugada

Un incendio afecta a máis de 100 hectáreas en Vilariño de Conso

O incendio está estabilizado ► Outro en San Cristovo de Cea queimou 38 hectáreas ► Extinguido o de Pantón ► Os incendiarios actuaron esta fin de semana con nocturnidade: 29 lumes declarados de madrugada
Incendio de Vilariño de Conso
photo_camera Incendio de Vilariño de Conso

O incendio que afecta á parroquia de Castiñeira do municipio ourensán de Vilariño de Conso supera xa as 100 hectáreas de superficie calcinada, segundo as últimas estimacións dadas a coñecer pola Xunta.

A Consellería de Medio Rural dá por "estabilizado" o lume, iniciado na madrugada do domingo "en varios focos simultáneos". Nas tarefas de control participaron sete axentes, 18 brigadas, nove motobombas, unha pa e medios aéreos.

Por outra banda, continúa baixo control desde primeira hora do domingo o lume que afecta o termo municipal de San Cristovo de Cea (Ourense).
As últimas estimacións sinalan que a superficie afectada polas chamas elévase ata as 38 hectáreas, 30 de monte arboledo e 9 de raso. No lume traballaron, desde o seu inicio, un técnico, nove axentes, 19 brigadas, 14 motobombas e tres pas.

MASIDE E PANTÓN. O departamento da Xunta subliña que están xa "extinguidos" outros dous incendios rexistrados no municipio lucense de Pantón e no ourensán de Maside, tras queimar preto de 34 e 30 hectáreas, respectivamente



Comentarios