O Lugo presenta o seu segundo equipamento

A camiseta, que o conxunto branquivermello estreará este domingo, homenaxea ao seu patrocinador
Presentación de la segunda equipación del Lugo
photo_camera Presentación de la segunda equipación del Lugo

O CD Lugo presentou este mércores o segundo equipamento que lucirá na tempada 2017-18 e que estreará o domingo na súa visita ao Sporting de Xixón no Molinón.

A elástica está dedicada ao seu patrocinador principal, a firma Estrella Galicia, e o acto celebrouse na delegación da empresa galega na capital lucense coa presenza do vicepresidente do CD Lugo, José Antonio Sánchez Goñi, e o delegado de Hijos de Rivera en Lugo, Pedro Gay.



A camiseta, tal e como xa avanzara o presidente da entidade branquivermella, Tino Saqués, supón unha clara chiscadela á cervexeira e foi realizada pola marca Hummel, coa que o club ten un acordo ata 2019.

Os catro capitáns do equipo, Carlos Pita, Fernando Seoane, Iriome González e Roberto Fernández, pousaron coa nova elástica, que combina o negro (cor principal) co azul celeste e leva impresas as estrelas que figuran no logo de Estrella Galicia.

O equipo que adestra Francisco Rodríguez estrearaa o vindeiro domingo ante o Sporting de Xixón no Molinón na segunda xornada de LaLiga 1/2/3

Comentarios