O home ponte

Manuel Ferreiro Redondo (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Manuel Ferreiro Redondo (Foto: Pepe Tejero)

CONCILIADOR de situacións que aparentan estar en beiras opostas. Foi Manolo da Ponte porque na de Gaioso, en Outeiro de Rei, naceu e criouse. Despois foi Manolo das Pontes, porque nas de García Rodríguez, no Servizo de Extensión Agraria estivo vinte anos a pé de campo. De volta en Lugo pasou outros tantos anos tratando coas Industrias Agrarias da provincia.

Traballar con el é moi gratificante. Serio, rigoroso e a vez sempre presto a contar un chiste ou botar unhas risas. A súa risa contaxiosa que ten a virtude de destensar o ambiente máis cargado. Sempre tratou co mesmo respecto ao recén chegado e ao máis veterano, desde o primeiro día pon toda a súa sabedoría e experiencia a disposición do novo, con xenerosidade, franqueza e con moita paciencia. Con el, un séntese seguro porque sabe que o estaribel polo seu lado non vai fallar. Agora déixanos, porque o ascenderon. Déronlle un choio de moita responsabilidade que asume encantado. En adiante vaise dedicar as cousas importantes da vida, como son: estar cos amigos, coidar a horta e aprenderlle aos netos os secretos da pesca de río.

Comentarios