A secretaria di que lle deron o despacho máis frío e o alcalde di que é mellor

O expresidente do Colexio de Secretarios apoia á secretaria e di que Taboada ameazouno

O representante do colectivo declarou que o alcalde de Palas díxolle: "Teño fotos comprometidas de Celia e se volve ao Concello vouvos a arruinar a vida" ► Varias testemuñas afirman que era a secretaria a que trataba de forma hostil ao rexedor
Los acusados, el martes en la primera sesión del juicio en la Audiencia de Lugo
photo_camera Los acusados, el martes en la primera sesión del juicio en la Audiencia de Lugo

O xuízo polo suposto caso de mobbing á secretaria de Palas de Rei arrincou este xoves, por terceiro día consecutivo, coa declaración do expresidente do Colexio de Secretarios de Lugo José Antonio Carro Asorey, que ocupou o cargo entre 2007 e 2016. O representante do colectivo avalou o traballo de Celia González no consistorio e asegurou que a xunta de goberno do órgano colexial "non atopou ningún reproche" no traballo da secretaria. "Desempeñaba correctamente o seu labor e abríanselle expedientes excepcionalísimos. Incorporábase un luns e o xoves xa se lle abría un expediente. Analizamos o caso e démoslle amparo".

Carro Asorey asegurou ademais que chegou a recibir ameazas por parte do alcalde de Palas, Pablo Taboada, para que Celia González non volvese ao seu posto de traballo. "A relación entre ambos era tensa e o alcalde chamoume varias veces de forma educada e de bos modos para buscar solucións a unha situación desagradable para ambos", contou. "Con todo, un día chamou cunha actitude anormal e hostil e díxome que tiñamos que falar urxentemente. Contesteille que non podía porque estaba o meu fillo ingresado e presentouse no Hula fóra de si para dicirme que a secretaria, que estaba de baixa, non se podía incorporar ao Concello de ningún xeito. Díxome que tiña fotos dela comprometidas e que baixo ningún concepto se incorporase porque se non nos ía a arruinar a vida aos dous".

Varios compañeiros negaron que os acusados aos que chaman "a columna vertebral" tivesen unha actitude prepotente

Durante a xornada deste xoves tamén prestaron declaración varios traballadores do Concello palense. Todos eles defenderon aos acusados e dixeron que Carlos Ouro, Juan Manuel Varela e María Luisa Novo –aos que a secretaria se referiu como a "columna vertebral" do Concello– non tiñan ningunha actitude de superioridade. "Todo o contrario, sempre foron moi colaboradores con todo o mundo", apuntaron. Tamén sinalaron que nunca escoitaron insultos ou ameazas cara a Celia González.

Un dos traballadores dixo ademais que era a secretaria a que lle falaba ao alcalde "nun ton inapropiado" e dicíalle que todos tiñan "que axudala máis". Segundo contou, a secretaria tamén se dirixía a outras traballadoras "con esixencias" e "sempre lles dicía que o seu traballo estaba mal feito".

Outra testemuña, veciño da localidade, tamén sinalou que escoitou a Celia González ameazar a Pablo Taboada. "Eu era presidente dunha asociación de veciños e fun ao Concello para falar co alcalde. Dixéronme que tiñan que esperar e de súpeto vin a Celia saír do despacho e gritarlle: 'Vaiche á merda, vouche a afundir'".

Ao longo da mañá deste xoves tamén se escoitou o testemuño da persoa que ocupou de forma provisional o posto de secretario interventor no Concello de Palas durante unha baixa da denunciante. Na súa opinión, Carlos Ouro era unha persoa "adecuada e capacitada" para ocupar o posto de secretario accidental.

O home contou igualmente que durante a súa estancia no Concello de Palas era el quen asinaba os certificados do padrón. "Pero cando eu non estaba o cara a Marta Penas porque había unha delegación tácita. O único que eu lle dixen é que en lugar de pór 'por orde' puxese 'por ausencia'. é unha práctica habitual en moitos Concellos", dixo.

Sobre a votación para destituír á secretaria, varios funcionarios que traballaron na Dirección Xeral de Administración Local da Xunta explicaron que o pleno "non era o órgano competente" para cesala ou destituíla. "Non era unha cuestión de interpretación. Márcao a lexislación e o secretario tería que informar da ilegalidade do acordo".

Os funcionarios aclararon que a consulta que lles remitiu o Concello non era sobre a competencia para destituír á secretaria, senón sobre cal era o órgano competente para incoar o expediente. "Son cousas distintas e sobre a competencia para incoar si que había criterios dispares e sentenzas contraditorias. Ata decembro de 2013, logo da consulta, non se aclarou ese aspecto. á dirección xeral, o Concello de Pas consultoulle sobre a competencia para incoar o expediente, non sobre a competencia para destituír á secretaria", aclararon.

O xuízo seguirá este venres na Audiencia de Lugo.

Comentarios