O CSIC aclara que este ano non intervirá no galeón de Ribadeo

O proxecto internacional que o Consello dirixe en España considera prioritario o pecio. O Museo Massó exporá algunhas das súas pezas
Piezas rescatadas tras la última inmersión en el pecio de la ría de Ribadeo
photo_camera Piezas rescatadas tras la última inmersión en el pecio de la ría de Ribadeo

Ana Crespo, a científica que dirixe o proxecto internacional ForSeaDiscovery -que impulsa o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e no que se estuda a madeira coa que se fabricaban os barcos en La Era de los Descubrimientos-, avanza que este ano non intervirán no galeón do século XVI que permanece afundido e protexido cunha malla fronte ao porto ribadense de Mirasol. «O pecio de Ribadeo é un dos nosos principais obxectivos, pero non haberá máis campaña nel en 2016», incide a investigadora.

O proxecto que promove o CSIC debe dosificar as actuacións que ten pendentes e diversificar o seu radio de acción. Os resultados da investigación realizada no galeón o verán pasado publicaranse en breve, como avanza Crespo. Os investigadores manteñen a hipótese de que o barco podería tratarse do ‘Santiago’, que pertencía á Armada do Socorro de Irlanda, que arribou cara a 1597 en Ribadeo, con graves danos ocasionados por un temporal.

Por outra banda, a investigación baralla a posibilidade de que a madeira utilizada na súa construción é carballo vascocántabro, aínda que tamén se estuda a hipótese de que fose construído preto de Nápoles, que entón pertencía á monarquía hispánica.

As redes sociais de Ribadeo fanse eco das informacións que apuntan a que o Museo Massó, próximo ao porto pontevedrés de Bueu, exporá algunhas vasijas, cerámicas e ata unha bóla de canón de entre os séculos XVI e XIX dos restos de naufraxios achados na ría. Os veciños queren expolos na vila.

Comentarios