O Courel envórcase na extinción dun lume que xa calcinou 80 hectáreas

Efectivos antiincendios da Consellería do Medio Rural traballan para sufocar un incendio forestal declarado onte pola tarde nun monte do concello lucense de Folgoso do Courel que leva calcinadas máis de 80 hectáreas de superficie.

Nos labores de extinción das chamas, que se iniciaron ás 19.13 horas de onte nun bosque da parroquia de Meiraos, participan cinco avións, catro helicópteros, catro motobombas, nove brigadas, unha pa, un tractor, catro axentes forestais e un técnico.

Namentres, o departamento que dirixe Rosa Quintana deu por extinguido esta madrugada outro lume rexistrado no municipio de Cervantes onte sobre as 20.24 horas. As estimacións provisionais apuntan a que arderon 28 hectáreas na parroquia de San Tomei de Cancelada.

Comentarios