O Concello de Samos deixa sen axudas un torneo con máis de 25 anos de vida

Os encontros disputáronse nun pavillón onde chovía porque non se repararon as pingueiras
Paños para secar los charcos.
photo_camera Paños para secar los charcos.

O Concello samonense deixou sen axuda a principal práctica deportiva do municipio ao denegar apoio económico ao club Samos Fútbol Sala, organizador dun torneo con 26 anos de historia, o máis veterano da provincia, que reúne cada Semana Santa por centos de persoas. 

Este club é unha das escasas asociacións deportivas de Samos e o equipo máis antigo da liga provincial federada. Segundo denuncia, o Concello viña achegando cada ano unha subvención de 800 euros para a celebración do tradicional torneo, pero nesta edición deixou de facelo. Os organizadores decatáronse polos orzamentos e, ao pedir aclaracións, respondéronlles que se debía á crise económica, un argumento que non ven real porque o Concello si concedeu "3.000 euros" a unha asociación de artesáns. 

A única explicación que atopan á actuación do goberno de Julio Gallego é que, tras a falta de apoio económico, subxacen "motivos políticos" e un "comportamento ditatorial". "Ata 2014 houbo axudas para o campionato, pero desapareceron despois de que membros do equipo de fútbol figurasen nas eleccións municipais do 2015 noutras listas", distintas ao do PSOE, partido que goberna en Samos con maioría absoluta. 

Os afectados cren que a falta de subvención débese a motivos políticos, porque algúns xogadores foron noutras listas electorais

Os membros do club deportivo consideran "surrealista" a situación, non só por carecer de subvención senón tamén porque desde o Concello non se emendaron os problemas de pingueiras no polideportivo do colexio, onde se disputaron os partidos con "charcos" na pista de xogo. E iso a pesar de que, segundo a súa versión, o pasado ano había unha axuda da Deputación por un importe próximo aos 2.000 euros para melloras no pavillón, á cal renunciaría o Concello argumentando que non había fondos para asumir a parte correspondente á Administración local.

Segundo sinalan, a existencia de pingueiras obrigou a cambiar de lado un dos bancos e incluso "parar partir para secar a pista e tapar vos charcos con papeis". 

A pesar de todos os inconvenientes cos que aseguran terse topado por parte do goberno, o campionato de fútbol sala conseguiu celebrarse con éxito de participantes e de público grazas ás achegas de numerosas empresas e negocios da comarca. 

Os 2.000 euros que se entregaron en premios, a maiores de trofeos, foron financiados por "71 patrocinadores" de Samos e outros municipios, quen, segundo din, se implicaron co campionato ao coñecer que carecía doutras axudas. En total, participaron neste torneo 21 equipos de toda a provincia e incluso, engaden, un de Vigo, cuxos membros contrataron tres días nunha casa de turismo rural en Samos. A organización calcula que durante os catro días de celebración pasaron por alí 1.000 persoas, o que axuda a dinamizar a localidade.

Comentarios