O Concello de Palas destina 345.000 euros a mellorar viarios municipais

Os traballos executaraos directamente a Administración local con maquinaria propia e suporán a contratación de máis de 20 traballadores
Taboada, junto a otros concejales, en el parque de maquinaria
photo_camera Taboada, junto a otros concejales, en el parque de maquinaria

O Concello de Palas de Rei iniciará a principios do próximo mes de xuño varias obras de mellora en diferentes vías da rede municipal, que afectarán a un total de 40 parroquias e para as que se conta cun orzamento de 345.000 euros. Os traballos, que na maior parte dos casos consistirán na rexeneración asfáltica e o hormigonado de diferentes estradas e accesos a parroquias, teñen un prazo de execución duns seis meses, polo que se prolongarán ata ben entrado o outono.

Para esta actuación, o Concello de Palas utilizará os seus propios recursos, polo que opta pola fórmula de execución directa. Segundo o alcalde desta localidade, Pablo Taboada, esta fórmula é posible, "grazas a que temos un parque propio de maquinaria que xa ou desexarían ter moitas empresas".

Taboada explica que o Concello leva acometendo de forma directa este tipo de traballos "dende fai tempo" e defende que esta fórmula "é a que nos permite manter dignamente vos máis de 500 quilómetros de viais municipais, porque a opción de contratar con empresas encarecería moito este tipo de traballos e resultarianos imposible acometer este tipo de actuacións".

Para reunir o orzamento, o Concello recorre a parte dos fondos do plan único da Deputación e a axudas da Xunta



O parque municipal de maquinaria de Palas conta na actualidade con tres camións, un deles con cuba de rega, dúas gravilladoras, un camión guindastre, unha retroescavadora, unha motoniveladora, dúas compactadores, unha varredora mecánica e varios tractores.

Pablo Taboada tamén destaca a importante incidencia que terá esta actuación en termos de emprego, xa que suporá "a contratación de máis de vinte operarios por un período mínimo de seis meses". Este equipo estará dirixido polo tenente alcalde, Amando Sande, e o encargado de obras, José Antonio Pérez.

Para reunir estes 345.000 euros de orzamento, o Concello palense recorreu a fondos procedentes do plan único da Deputación, subvencións da Xunta de Galicia e fondos municipais.

Para todas estas accións, o Concello empregará máis de 1.200 metros cúbicos de formigón, á vez que os traballos tamén comprenden tarefas de limpeza das cunetas, rozas e a construción dalgunhas canalizacións.

Pablo Taboada explica que con estas obras se pretende "mellorar a calidade de vida" de todos os veciños, á vez que argumenta a urxencia de iniciar canto antes as obras no feito de que "practicamente todas a estradas municipais necesitan actuacións, derivadas, sobre todo, polos dános que causaron vos sucesivos temporais invernais".

Comentarios