O Concello de Cervo e Feuga asinan o convenio para iniciar o plan de emprego para xóvenes

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o subdirector da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), Santiago Álvarez, asinaron onte o convenio para a posta en marcha do plan de fomento do emprego xuvenil que promove e financia a administración cervense e no que invirte uns 35.000 euros.

Villares explicou que este era «un paso máis na execución deste importante proxecto», a través do cal o Concello ofrecerá bolsas de formación ós titulados cervenses que inclúen prácticas remuneradas nos distintos campos da administración local e nas empresas colaboradoras.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios