O Concello burelés arranxará as rúas máis deterioradas antes das festas

O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, sinalou que o goberno local executará de «inmediato» unha serie de actuacións co obxetivo de que as rúas da localidade estean en perfecto estado de cara á celebración das festas patronais que terán lugar en xuño.

«A dureza do inverno deixouse sentir no estado das rúas, pero aínda que a situación xeral das mesmas non é mala, hai zonas que si teñen certo deterioro, e sobre as que hai que actuar de cara ao verán», sinalou González Barcia. En concreto, o rexedor local indicou que as rúas sobre as que se vai actuar son as de «O río, na intersección con Arcadio Pardiñas, algúns tramos de Eijo Garay, Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios