Preto de 70 expositores

Pepe Solla pregoará o 1 de abril a Festa do Queixo de San Simón de Vilalba

A feira contará por primeira vez con actividades na súa segunda xornada, dous showcooking
Presentación de la feria y el concurso de tapas
photo_camera Presentación de la feria y el concurso de tapas

O chef pontevedrés Pepe Solla, do restaurante Casa Solla de Poio, que conta cunha Estrela Michelín, será o encargado de ler o pregón inaugural da tradicional Festa do Queixo de San Simón, que se celebrará en Vilalba os próximos 1 e 2 de abril. 

A novidade desta edición é que a feira contará con actividades na súa segunda xornada, concretamente con dúas showcooking, a partir das 12.00 horas, a cargo de Toño Lorenzo, do restaurante A Faragulla de Chantada, e, a continuación, Iván Domínguez, do Alborada da Coruña, tamén con Estrela Michelín. Os actos arrincarán o sábado 1 ás 11.30 horas coa final do décimo concurso de tapas, que arrinca hoxe e durará ata o día 26 e que conta coa participación de 39 locais. Catro deles compiten na modalidade de tapa creativa –cuxos prezos oscilarán entre os 2,5 e 3 euros– e o resto, en tradicional –a un custo único de 1,5 euros–. 

Un taller infantil coa gañadora de Masterchef Junior 4 e un concerto de Treixadura completan o programa de actos

Haberá catro finalistas por categoría –no caso das tradicionais, serán as catro máis votadas polo público, que optará a diversos premios se completa unha ruta de dez establecementos–, que realizarán as súas propostas gastronómicas en directo ante un xurado profesional, no que haberá tamén un representante do Concello e outro da Asociación de Queixeiros de San Simón. 

O seu fallo darase a coñecer pola tarde, logo da lectura do pregón, prevista para as 19.00 horas e tras a que se entregarán os premios do certame culinario e do concurso infantil de carteis para a feira. Previamente, ás 16.30 horas, haberá un taller infantil de cociña con Paula, gañadora da cuarta edición de Masterchef Junior, como protagonista. Para participar non é necesaria inscrición previa.

O programa de actos desta tradicional cita, que se presentou este mércores, completarase por parte do Concello coa actuación do grupo Treixadura no auditorio municipal Carmen Estévez, a partir das 20.30 horas. As entradas poderanse adquirir de forma anticipada a próxima semana. "É coa intención de que a xente que veña o primeiro día da feira quede, dea unhas voltas por Vilalba, probe as tapas e queda ata domingo, mellor", explicou a edil de feiras, Cheri Grandío. 

Adela Fernández, en representación da asociación de queseros, explicou que oito queserías porán á venda varios miles de queixos de tamaño normal e bufón, cuxos prezos "vanse decidir nunha reunión nos próximos días".

Comentarios