Manuel López: ''O brote das vacas tolas afundiu o sector gandeiro''

Manuel López Leizán (Foto: José Ángel Díaz)
photo_camera Manuel López Leizán (Foto: José Ángel Díaz)

Manuel López Leizán é veterinario e director do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia ubicado na provincia de Lugo, que realiza análises de mostras de diferentes animais co fin de manter a sanidade, a seguridade da produción gandeira e da fauna galega

Comprometido coa súa carreira profesional como veterinario, que estudou en León, Manuel López Leizán leva tres anos ao fronte do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, que ten sede en Lugo, co fin de ofrecer resultados de mostras de orixe animal para determinar enfermidades contaxiosas como o caso do brote das vacas tolas e a gripe aviar que sobresaltaron o rural.

Cal é a labor do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal?

O laboratorio realiza todo tipo de ensaios en materia de sanidade animal e seguridade alimentaria, dentro do que é o territorio galego mais tamén contou nalgunha ocasión con mostras de outras rexións españolas, sobretodo casos de enfermidades contaxiosas.

En cantos departamentos se divide o laboratorio?

Contamos con 14 áreas en tres localizacións diferentes. Do centro lucense dependen os laboratorios de Mabegondo e de Salcedo. A variedade de áreas é considerable polo que podemos falar de anatomía patolóxica, o departamento de probas rápidas EETs ademais do de recepción de mostras. Por outro lado está bromatoloxía, apicultura, seroloxía e campañas de saneamento que operan en conxunto, bacteroloxía, viroloxía, bioloxía molecular e parasitoloxía.

Cando comezaron a traballar cos departamentos da Coruña e de Pontevedra?

Hai arredor de seis anos que dependen do laboratorio de Lugo. Todo xurdía a raíz da implantación do sistema de calidade no ano 2001. O obxectivo era conseguir a acreditación para os tres laboratorios.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios